Formación de pais para detectar e previr riscos nas redes sociais e internet

ParentNets achegará información relevante e atractiva aos pais sobre internet e as redes sociais, que lles permitirá previr a exposición dos seus fillos aos riscos que entrañan estas novas formas de comunicación.

A maioría dos pais non dispoñen da información e ferramentas básicas para manter os seus fillos seguros no ámbito on-line. Por iso, xorde a necesidade dunha ferramenta que conteña información atractiva, interactiva e doada de comprender. Esta ferramenta será un instrumento útil e innovador para un grupo obxectivo que necesita previr, detectar e buscar solucións a estes riscos derivados do uso por partes dos máis novos das redes sociais e internet. Este proxecto fai fincapé en concienciar e empoderar(dentro do piar de acción "Estratexia Europea para un Internet mellor para os nenos"). ParentNets fará posible unha forma novidosa e amena de ensinar os pais a traballar coas novas tecnoloxías, tanto para a propia formación dos pais coma para lograr evitar os riscos máis comúns para mozos nas redes sociais e internet.

A familia é a estrutura máis básica da relación social, na que se produce a maior parte da aprendizaxe. É importante entender a necesidade de formar os pais e profesores para asegurar que estes actúan como axentes primarios de prevención. O rol da familia como suxeito preventivo é incuestionable en calquera aspecto. En relación co uso das novas tecnoloxías, os pais teñen a responsabilidade de informar os seus fillos acerca dos riscos que supón o seu uso, facer que tomen conciencia dos riscos e dos procedementos máis seguros para usar nas redes sociais e Internet en xeral co fin de evitar os incidentes que poidan producirse. Ao mesmo tempo, os pais deben comunicarse regularmente cos seus fillos a identificar inmediatamente calquera problema. Para este propósito, os pais deben actualizar continuamente os seus coñecementos sobre os novos riscos e as súas solucións.

APRENDER MÁIS CONTACTO

CONTACTO

Se tes algunha pregunta ou idea relacionada co proxecto, fáinola chegar cubrindo o seguinte formulario:

SOCIOS

Virtual Campus Lda.
Xunta de Galicia
No Al Acoso
National Anti Bullying Research and Resource Center - Dublin City University
European Parents' Association
Colegiul National Pedagogic ”Stefan Velovan”
Instituto Universitário de Lisboa